Vistas de página en total

lunes, 18 de junio de 2012

Este venres 22 no Ben-Cho-Sey do Pereiro de Aguiar

moi boas!!

este venres 22 de Xuño, aproveitando a festa de final de curso, estamos convidados a mostrar o noso fabuloso xogo aos cativos e cativas do Colexio Ben-Cho-Sey...

alí estaremos a partir das 17:30 horas para xogar e tratar de "enganchar" a máis participantes para a nosa Liga Galega...

vémonos o venres!!! vén a darnos a chapa ti tamén!!!

viernes, 4 de mayo de 2012

Fútbol Chapas en AIXIÑA

Hola xente!!

En breves datas, anunciaremos o primeiro obradoiro de fútbol chapas de Galicia para persoas con diversidade funcional. Á espera de confirmar datas, podemos ir adiantando que se celebrará no CIS AIXIÑA,  e que poderemos contar con participantes chegados da propia asociación, e daquelas pertencentes ao tecido asociativo de COGAMI en Ourense.

Xa temos gañas de comezar!! estade atentos/as!!!


miércoles, 11 de abril de 2012

este ano de novo...FIADEIROOOOOO!!

Outro ano máis, estaremos no Fiadeiro de Ramirás, organizado por esa xente marabillosa de REBULIR....

Alí brincaremos o día 28 de Abril, xogando ás chapas e disfrutando da morea de actividades e grupos que podemos atoparnos na Festa.

Convidados/as quedades... vinde a darnos a chapaaaaaaaaa!!!

http://www.noitedefiadeiro.com/p/animacion.html

lunes, 26 de marzo de 2012

xente!! aiqui tedes as vosas chapas!!

Moi boas!!

seguimos traballando, para presentarvos futuras actividades nas que podamos participar todos e todas ao redor dun taboleiro e unha chapas... pronto chegará o Fiadeiro en Ramirás, polo que vos manteremos informados e informadas

mentres tanto, podedes  personalizar as vosas chapas no seguinte enderezo:

http://camaloon.com/es/

VÉN A DARNOS A CHAPA!!

martes, 7 de febrero de 2012

Este sábado...temos CHAPAS!!!

hola amigos e amigas!!
recordarvos que este sábado, de 16:00 horas a 19:00, teremos a Presentación oficial da LIGA GALEGA DE FÚTBOL - CHAPAS en Ourense.

¡¡¡estades todos e todas convidados a participar!!! Totalmente de balde e sen inscrición previa
Localización e horario:
Espazo Xove Ourense (Casa da Xuventude)
Celso Emilio Ferreiro 29, 2º andar
32004 - Ourense

16:00 - 17:00 Obradoiro de normas e creación de equipos
17:00 - 19:00 Torneo presentación


VÉMONOS O SÁBADO!!!

viernes, 13 de enero de 2012

Presentación 2012 - Espazo Xove Ourense

boas a todos e todas!!

Comezamos este 2012 con moitísimas expectativas na promoción do noso querido xogo. Se o ano pasado rematamos aparecendo na prensa galega, este ano queremos convidarvos ao que será a nosa primeira "posta en escena" do ano: Obradoiro de creación de equipos e Torneo "Pre-Entroido"
Tendo en conta a nosa tradición entroideira, queremos disfrutar do Entroido a tope e para iso, convidándovos o vindeiro 11 de Febreiro, no Espazo Xove de Ourense (Casa da Xuventude), a partir das 16 horas, a que veñades a DARNOS A CHAPA
O horario previsto será o seguinte:
16:00 - 17:00. Obradoiro de confección de equipos e repaso das regras de xogo
17:00 - 19:30. Torneo Pre Entroido

Recordade que é TOTALMENTE DE BALDE, e que para inscribirse, soamente tedes que aparecer ás 16 horas (o que queira pode traer as súas propias chapas).

Se ainda non pertencedes ao grupo de Facebook do Fútbol chapas, facédenolo saber!!! alí colgamos as nosas novas!!!
http://www.facebook.com/groups/209992379080585/

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Entrevista no programa A Tarde, da Radio Galega

Argallando xa o Torneo de Nadal no Espazo Xove de Ourense (en breve confirmaremos datas e horarios), seguimos coa rolda de entrevistas, achegando o noso xogo a todos os rincóns de Galicia...
Recordarvos que podedes contactar connosco a traves dos correos electrónicos: millanbc@gmail.com ou alternativasociaisourense@gmail.com
queremos que veñas...a darnos a chapa!!!

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-12-12-2011-193125

Minuto 32.09