Vistas de página en total

viernes, 13 de enero de 2012

Presentación 2012 - Espazo Xove Ourense

boas a todos e todas!!

Comezamos este 2012 con moitísimas expectativas na promoción do noso querido xogo. Se o ano pasado rematamos aparecendo na prensa galega, este ano queremos convidarvos ao que será a nosa primeira "posta en escena" do ano: Obradoiro de creación de equipos e Torneo "Pre-Entroido"
Tendo en conta a nosa tradición entroideira, queremos disfrutar do Entroido a tope e para iso, convidándovos o vindeiro 11 de Febreiro, no Espazo Xove de Ourense (Casa da Xuventude), a partir das 16 horas, a que veñades a DARNOS A CHAPA
O horario previsto será o seguinte:
16:00 - 17:00. Obradoiro de confección de equipos e repaso das regras de xogo
17:00 - 19:30. Torneo Pre Entroido

Recordade que é TOTALMENTE DE BALDE, e que para inscribirse, soamente tedes que aparecer ás 16 horas (o que queira pode traer as súas propias chapas).

Se ainda non pertencedes ao grupo de Facebook do Fútbol chapas, facédenolo saber!!! alí colgamos as nosas novas!!!
http://www.facebook.com/groups/209992379080585/